O arco da vella é un dos fenómentos meteorolóxicos máis fermosos e tamén dos máis soprendentes. Prodúcese como resultado da presenza simultánea da luz directa do sol e máis da chuvia, isto é, cando chove e vai sol. Mais prodúcese nunhas condicións moi concretas: o sol ten que estar a 42º de altura como moito o que implica que non o vexamos, por exemplo, a primeira hora da tarde. Por tanto, cando chove e dá o sol, non sempre aparece o arco da vella... E que pasa entón?
Algúns dirán que "o demo vai por Ferrol" e outros, na Terra Chá, por Friol... Pero hai innúmeras variantes deste refrán non só en galego senón en moitas partes do mundo, que amosan toda unha riqueza fraseolóxica e cultural, "onde se fan evidentes as peculiaridades das diferentes culturas do planeta pero tamén as ocultas conexións entre todas elas" en palabras de Ferro Ruibal.
Desde casamentos de animais, persoas ou demos, a nacementos ou mortes e viaxes a Ferrol ou a Friol... Todo isto pasa cando chove e vai sol e todo foi analizado neste artigo de Ferro Ruibal.
Entre os séculos XVI e XVIII, os padais máis exquisitos da Corte Real devecían por unha receita de ostras en escabeche. Esta preparación…
Atopar o significado orixinario dun topónimo é, ás veces, unha tarefa ben complicada, especialmente naqueles casos como o que hoxe…