Se hai un topónimo que destaca pola súa sonoridade ese é Xurenzás, que dá nome a unha parroquia do Concello de Boborás na provincia de Ourense. Talvez por este feito, a súa orixe está contada por diferentes lendas, unha delas recollida por Vicente Risco na súa Historia de Galiza. Segundo relata o polígrafo ourensán, un mouro chamado Zas namorou da filla doutro mouro que rexeitou o casamento e encantou a filla. Por iso, Zas, declaroulle a guerra e venceuno, facéndoo prisioneiro. Cando o vencido quixo restaurar a paz, Zas esixiulle un xuramento de obediencia e sometemento ao seu nome. E o vello tivo que aceptar, dicindo: "Xuro en Zas que estou vencido”.
Con todo, esta non é a única historia deste topónimo curioso entre os curioso, Xurenzás. Descubre outras neste vídeo.
Nós non temos dúbida, en calquera punto de Galicia vívese moi ben... pero hai algúns lugares onde se vive mellor porque xa nolo din os…
A próxima versión do Nomenclátor de Galicia estará composta por case 43.000 topónimos oficial sumando os nomes de concellos,…