Sabías que o concello de Antas de Ulla alberga o centro xeográfico de Galicia? No ano 2020, o Instituto Geográfico Nacional (IGN), a instancias do Instituto de Estudos Ulloáns, ditaminou que o punto central do noso país estaba situado nas proximidades da aldea de Nugallás na parroquia de San Fiz de Amarante. Precisamente, Antas de Ulla é o topónimo protagonista dunha nova entrega da serie de micropezas O Seminario de Onomástica responde.
Ninguén mellor para falarmos deste topónimo que a seoanesa Adrea Santiso Arias, licenciada en Filoloxía Galega, profesora no ensino secundario e, sobre todo, experta na toponimia do seu concello: o seu libro Toponimia de Antas de Ulla saíu do prelo recentemente e pode descargarse nesta mesma páxina.
Há duas décadas, o bairro do Papagaio, na Corunha, sofreu uma enorme transformação. As antigas casas, muitas delas…
Um dos mosteiros mais importantes da Galiza medieval foi o de San Xulián de Moraime: protegido pelos Condes de Traba,…