Corrubedo é un dos puntos con máis sona da nosa costa. Dado o risco que antano supoñía o bravo mar de Corrubedo para a navegación, o seu topónimo aparece en varios cartularios marítimos dos séculos XIV e XV, onde os cartógrafos escribiron o seu nome con formas antigas que nos serven para descubrir cal era a súa etimoloxía.
O filólogo Fernando Cabeza Quiles, autor dunha abundante bibliografía toponímica e do libro Toponimia de Ribeira, obra en que analiza a orixe e significado dos topónimos maiores deste concello coruñés, explícanos a orixe do topónimo Corrubedo neste novo capítulo da serie O Seminario de Onomástica responde.
Há duas décadas, o bairro do Papagaio, na Corunha, sofreu uma enorme transformação. As antigas casas, muitas delas…
Um dos mosteiros mais importantes da Galiza medieval foi o de San Xulián de Moraime: protegido pelos Condes de Traba,…