Cedofeira é a igrexa que se construíu rápido?

Galicia hoxe conta con 313 concellos mais poderían ser 315 se Cedofeita mantivese a independencia de Ribadeo que conseguiu a comezos do XIX. A hoxe freguesía de Cedofeita, independiente ata 1843, situada na zona centro-sur de Ribadeo e lindeira coas parroquias de Covelas, Santalla de Vilaosende e Couxela, aparece mencionada xa desde 1124 baixo a forma de Citofacta, como documentou Rocío Dourado Fernández.

Esta atestación e outras como Çedofeyta, levaron a reconstruír como orixe un posible sitagma CITOFACTA que estaría formado polo adverbio CITO, “rapidamente ou breve espazo de tempo" do que derivaría o noso “cedo” e o participio do verbo facer, FACTA. Por tanto, o significado literal sería “algo que se fixo con rapidez”, probabelmente a igrexa parroquial, segundo Rocío Dourado.

Semella pois unha orixe transparente, malia que hai outras voces que apuntaron noutra dirección. Cesar Varela quere ver no CITO FACTA unha reiterpretación dun COETUS FACTA, onde COETUS significaría unha unión ou banda de animais e, por tanto, o COTUS FACTA, sería un curro sobre o que posteriormente se edificaría a igrexa ou o Castelo de Cedofaita de Pontevedra ou o Cedofeito de Lousame.

 

Tamén che pode interesar...

O pasado 3 de marzo, o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, o director do…

O Monte Louro é testemuña dun fenómeno natural que, malia de se producir cando menos dúas veces ao ano, non deixa de…