Galicia hoxe conta con 313 concellos, mais poderían ser 314 se Cedofeita mantivese a independencia de Ribadeo que conseguiu a comezos do XIX. A hoxe freguesía de Cedofeita, independiente ata 1843, situada na zona centro-sur de Ribadeo e lindeira coas parroquias de Covelas, Santalla de Vilaosende e Couxela, aparece mencionada xa desde o ano 1124 baixo a forma de Citofacta, como documentou Rocío Dourado Fernández.
Esta atestación e outras como Çedofeyta, levaron a reconstruír como orixe un posible sintagma CITO FACTA que estaría formado polo adverbio CITO, “rapidamente ou breve espazo de tempo", do que derivaría o noso “cedo”, e o participio do verbo facer, FACTA. Por tanto, o significado literal sería “algo que se fixo con rapidez”, probablemente a igrexa parroquial, segundo Rocío Dourado.
Semella, pois, unha orixe transparente, malia que hai outras voces que apuntan noutra dirección. Cesar Varela quere ver no CITO FACTA unha reinterpretación dun COETUS FACTA, onde COETUS significaría unha 'unión ou banda de animais' e, por tanto, o COETUS FACTA sería un 'curro' sobre o que posteriormente se edificaría a igrexa ou o Castelo de Cedofeita de Pontevedra ou o Cedofeito de Lousame.
Entre os séculos XVI e XVIII, os padais máis exquisitos da Corte Real devecían por unha receita de ostras en escabeche. Esta preparación…
Atopar o significado orixinario dun topónimo é, ás veces, unha tarefa ben complicada, especialmente naqueles casos como o que hoxe…