A toponimia é unha gran forma para nos achegármonos á dialectoloxía da lingua no país. Como mostra, as denominacións para o “aparello de madeira, construído nun curso de auga, que consta duns mazos que ao se moveren alternativamente pola acción da auga, van batendo os tecidos fabricados nos teares para desengraxalos e que entupan”, isto é, o batán ou os folóns. Mentres os primeiros ocupan unha área xeográfica máis ampla, os segundos fican reducidos á parte sur das provincias de Ourense e Pontevedra. Fai a proba no buscador de toponimia!
Neste vídeo explicámosche a orixe do topónimo Foloña que ten moito que ver cos folóns e cos batáns.
No ano 1219, o rei Afonso VIII accede a unha “instantiam et petitionem habitanorum”, isto é, a unha…
Hai etimoloxías populares que se transmiten de persoa a persoa, de século a século, e chegan a converterse en verdades de fe para a…