Informe sobre o cambio do nome dos concellos de Cerdedo Cotobade, Mondariz Balneario e Oza Cesuras

O Seminario de Onomástica da Real Academia Galega ditaminou mudar as denominacións dos concellos de Cerdedo-Cotobade, Mondariz-Balneario e Oza-Cesuras, vixentes ata a actualidade, ás formas sen guión, Cerdedo Cotobade, Mondariz Balneario e Oza Cesuras. 

Esta decisión tomouse tendo en conta os criterios establecidos nas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego para o uso do guión (páx. 31-34): este só se empregará naquelas palabras cuxas asociacións son  “ocasionais,  non  fixadas  na  lingua”, como por exemplo dicionario  alemán-galego; estudo xurídico-económico... 

Isto non acontece cos nomes oficiais. De feito, no Nomenclátor ata agora vixente figuraban outros topónimos que contiñan dous substantivos en aposición e figuran escritos sen guión, como Castro Caldelas ou Campo Lameiro. 
 

Tamén che pode interesar...

Fornelos e Valdanta son dúas das 18 parroquias que forman actualmente o concello do…

A voz do galego común pelouro é definida no Dicionario da Real Academia Galega como ‘pedra pequena…