O Seminario de Onomástica responde: Carballedo

É moi común que os topónimos que en principio son motivados deixan de selo ao se perder a relación coa realidade que designan: xa non hai osos na parroquia de Oseira (San Cristovo de Cea) ou pesqueiras na parroquia de Pesqueiras (Chantada). Este non é o caso de Carballedo, pois mesmo hoxe no seu territorio podemos atopar unha das árbores máis antigas de Galicia. Sabes onde?

Antón Palacio descobre esta e moitas outras curiosidades do nome deste concello lugués nun novo capítulo da serie “O Seminario de Onomástica responde”.
 

 
Tamén che pode interesar...

Begoña Caamaño publicou, alén doutros textos, dúas obras narrativas: Circe ou o pracer do azul e Morgana…

O nome do concello do Pino, última parada no Camiño Francés antes de chegar a Santiago de Compostela, mantense…