A Real Academia Galega decidiu renderlle un máis que merecido recoñecemento ás mulleres que crearon, cantaron e contribuíron á conservación dun dos nosos maiores tesouros patrimoniais colectivos, a literatura popular. A homenaxe ás cantareiras que protagonizan o Día das Letras Galegas 2025 personificarase nas figuras de Adolfina e Rosa Casás Rama, de Vila da Igrexa (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e as coñecidas como Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños). O Seminario de Onomástica da Real Academia Galega súmase a esta homenaxe colectiva cunha serie de vídeos en que falaremos, precisamente, dos topónimos que acompañaron a estas mulleres na súa traxectoria vital.
No primeiro dos capítulos, o técnico do Seminario de Onomástica, Iván Méndez, achéganos á orixe e significado dos topónimos Vila da Igrexa, nome da aldea en que viviron as citadas cantareiras, e Cerceda, nome da parroquia e concello ao que pertence este lugar, ademais doutras curiosidades relacionadas con estes dous topónimos.
Bertamiráns é un dos lugares favoritos da nenez do académico amesán Ramón Lorenzo, unha aldea preciosa…
Ata datas recentes dábase por certa a hipótese de que Zas era un topónimo de orixe xermánica a partir do étimo SALA ‘pazo ou…