O Campo da Leña e Os Cantóns son dous dos espazos máis simbólicos da cidade da Coruña, non só por seren dos máis transitados ou populares, senón tamén desde o punto de vista toponímico. Neste capítulo da serie "Os nomes da nosa terra", Fran Cañotas reúnese con Mercedes Queixas e con Iván Méndez á procura das historias que agochan estes nomes para coñecer os cambios denominativos que se produciron neles e comprobar como a memoria colectiva aínda mantén as denominacións populares. Tamén coñeceremos Xuxán, un topónimo que resistiu o paso do tempo e saíu recentemente do esquecemento grazas a un informe da Real Academia Galega.
A serie "Os nomes da nosa terra" é un proxecto da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), que está apoiado pola Xunta de Galicia ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo.
Detrás dalgúns topónimos hai historias que nos falan das crenzas relixiosas ou pagás dos nosos antepasados, historias que chegaron ata…
A vida nunha illa transcorre paralela aos feitos que afectan ao resto do mundo, pero coas súas propias singularidades. Isto fai que os…