Guitiriz, nova parada de Toponimízate

Gran parte da corporación municipal do Concello de Guitiriz non quixo perder a charla Toponimizate. Coñece os nomes da túa terra que Vicente Feijoo ofreceu no concello lucense. A alcaldesa Marisol Morandeira foi a encargada de presentar o acto ao que tamén acudiu a anterior alcaldesa, Regina Polín.

Durante as case dúas horas que durou a charla, as persoas asistentes descubriron o significado dos nomes do concello de Guitiriz e a importancia de conservarmos o noso rico patrimonio toponímico. Tamén aprenderon, de forma práctica, como poder axudar á súa consevación a través da nova plataforma Galicia Nomeada, que moi axiña estará dispoñible en liña.

A vindeira charla Toponimízate será na Biblioteca Valera Jácome, no concello de Lalín, o xoves 28 de novembro ás 20 horas.

Galería de imaxes
Tipos