Muxía coñeceu os nomes da súa terra

Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra segue a súa tarefa de difundir a toponimia por toda Galicia. Desta volta, a Biblioteca Municipal de Muxía foi o espazo en que se desenvolveu a charla este 4 de decembro, a que asistiu un amplo grupo de rapazas e rapaces do Concello, moi participativo en todo momento.

A concelleira de Cultura de Muxía, Mónica Vilela Vilela, foi a encargada de presentar o acto, conducido por Vicente Feijoo e que contou tamén cun grande dinamizador da comarca, o académico e membro do Seminario de Onomástica Xosé María Lema.

A vindeira recalada de Toponimízate erá o xoves 5 de decembro na Casa de Cultura de Noia a partir das 19.00 horas.

Galería de imaxes
Tipos