Sigue nesta publicación a charla Toponimízate en Meaño

O venres 19 de novembro, o alumnado do IES de Meaño, do CEIP Coirón-Dena e do CEIP As Covas coñecerán a importancia da nosa toponimia como tesouro inmaterial galego e aprenderán a conservala usando as novas tecnoloxías, grazas á charla Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. O evento será retransmitido en directo a través da canle de Youtube da Real Academia Galega a partir das 11:00 horas e, ademais desta páxina, poderá ser visto na Casa da Cultura de Dena deste mesmo municipio pontevedrés.

Tipos