Toponimízate chegou a Taboada

O concello lucense de Taboada foi unha recalada máis da campaña Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra coa que estamos a divulgar o noso patrimonio toponímico e a importancia da súa conservación.

O acto, que tivo lugar na Casa da Cultura, estivo conducido por Vicente Feijoo e nel, ademais de explicar os nomes das parroquias de Taboada, presentou a aplicación Galicia Nomeada, que estará dispoñible en breve na rede e que servirá para que as persoas interesadas poidan conservar a toponimia tradicional de Taboada e de toda Galicia.

Galería de imaxes
Tipos