Á Coruña inventáronlle moitas etimoloxías, pero poucas tan fermosas como a que contou Afonso X na súa Estoria de España. Segundo conta a lenda, Hércules chegou á Gallaecia para liberar as terras do xigante Xerión. Despois de 3 días de enfrontamentos, Hércules venceuno e como testemuño da súa vitoria construíu unha torre sobre os alicerces onde enterrou a cabeza do xigante. Nas súas proximidades, ordenou fundar unha cidade: “e o primeiro poboador que alí viu foi unha muller que tiña de nome Crunna, e por iso lle puso este nome á cidade”.
Máis recentemente, Gonzalo Navaza apuntou que o topónimo A Coruña pode ter unha orixe literaria. Descubre outras hipóteses a través deste vídeo.
Nós non temos dúbida, en calquera punto de Galicia vívese moi ben... pero hai algúns lugares onde se vive mellor porque xa nolo din os…
A próxima versión do Nomenclátor de Galicia estará composta por case 43.000 topónimos oficial sumando os nomes de concellos,…