Cervo: onde hai máis auga que veados

“De sinople un cervo de ouro, vilenado de goles; xefe de azur cunha estrela de ouro flanqueada de dúas áncoras de prata. Ao timbre, coroa real pechada”. Así describe, co léxico propio da heráldica, o Diario Oficial de Galicia o escudo do concello mariñao de Cervo. Nel non podía faltar o veado que na crenza popular dá orixe ao nome do Concello. Mais será así?

O topónimo Cervo semella estar emparentado con outros topónimos galegos (Cervantes, Cervaña, Cérvora, etc.) que aparentemente pertencen á familia léxica do animal ruminante. Porén, os sufixos que vimos nos exemplos anteriores teñen compoñente prerromana polo que nos fan dubidar da súa relación léxica co "cervo".

A presenza de formas semellantes en cursos fluviais, como os río Cerves, levou a ligar estes topónimos cunha raíz prelatina cun significado relativo á auga.

O de Cervo é, pois, outro exemplo de etimoloxía popular, como xa vimos no Valadouro que neste caso, acabou “vinelado de goles” no escudo cervense, do que forma parte desde, cando menos, o século XIX.

Tamén che pode interesar...

Noutros artigos da sección Detrás do nome temos insistido na…

Os topónimos que coinciden con palabras do léxico común ou que están incluídas nos dicionarios xerais adoitan ter unha explicación ben…