A campaña Toponimízate 2021 na prensa

O pasado 28 de setembro, a sede da Real Academia Galega acolleu a presentación dunha nova campaña "Toponimizate. Coñece os nomes da túa terra" que achegará a paixón pola toponimia a 9 concellos do país. O acto, que contou coa presenza do presidente da Academia, Victor. F. Freixanes, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e Vicente Feijoo, o especialista en toponimia do Seminario de Onomástica da RAG encargado de dar as charlas, foi difundido por diferentes medios de comunicación:

Primeira parada de Toponimízate: Triacastela

A primeira das charlas de "Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra" será este venres 1 de outubro en Triacastela a partir das 18:00 h nunha carpa municipal instalada fronte á Casa do Concello.

Tipos