Sabías que
Sabías que os nomes do concello de Lalín e da freguesia arteixá de Larín proceden do mesmo antroponímico latino?
Sabías que unha lenda popular, recollida por Álvarez Blázquez en Os nomes da terra e por Jesús Fernández, atribúe a orixe do topónimo Chantada a unha frase dita polo diaño cando, canso de cargar ao lombo coa súa nai no medio dunha tormenta, exclamou "Síntoo moito, miña nai…
Sabías que a orixe do topónimo Pantón, presente en Ferreira de Pantón, podería estar relacionado coa localidade francesa de Pantín?
Sabías que, malia parecer grande, "O Pindiño é pequeno, / é pequeno pero é forte, / que para pasar o Pindo / hai que sacar pasaporte"?
Sabías que "Non hai pola montaña,/ non hai pola ribeira./ Non hai pola Montaña, / parroquia como Olveira"?
Sabías que "O lugar de Cerdedelo / ten catro saideiros: / Trasceleirro e o Eiró, / Carricovo e o Outeiro"?
Sabías que Vilariño está no alto / Fontemourente na costa /. Amar a quen non me ama / moito traballiño me costa.?
Sabías que hai unha Outra Aldea en Paleo (Carral)?
Sabías que indo a Belén os reis magos puideron acabar en Oza Cesuras?
Sabías que Santa Margarida (A Coruña) ten / unha fonte con dous canos, / con unha auga que lava / todos os males extraños?