Sabías que

Monte Farelo

Sabías que polas terras da Ulloa dise "cando O Farelo pon a monteira, chove aínda que o ceo non queira"?

Toponimia e fraseoloxía
Amoeiro

Sabías que nas terras de Ourense dise "o que queira bo carneiro, que vaia por el a Amoeiro"?

Toponimia e fraseoloxía
A Frouseira

Sabías que en Alfoz circula o dito de que "se as penas de Oirán se volveran pan, A Frouseira manteiga e o río Ouro viño mouro, non había terra coma O Valadouro"?

Toponimia e fraseoloxía
Marnela

Sabías que por Valdoviño conta a lenda que o mar entra con forza na terra ata o punto de fundar o lugar de Marnela (Mar Nela)?

Etimoloxías populares
Montes da Maradona

Sabías que ademais do talvez mellor futbolista da historia, A Maradona é un monte entre Barreiros e Ribadeo onde se descubríu recentemente un castro?

Curiosidades
Ponte Nafonso

Sabías que hai unha cantiga que di "Adeus Ponte Nafonso, non sei quen te acabará: trinta anos me levaches a flor da miña mocedá" que fala do dificultosa que foi a obra?

Toponimia e cantigueiro
Estacas en Ares

Sabías que ademais da afamada Estaca de Bares hai tamén unhas Estacas en Ares?

Curiosidades
Rozavales

Sabías que o nome da freguesía de Rozavales en Monforte pode ser unha retoponimización debida a Afonso IX?

Curiosidades
Lalín

Sabías que os nomes do concello de Lalín e da freguesia arteixá de Larín proceden do mesmo antroponímico latino?

Curiosidades
Chantada

Sabías que unha lenda popular atribúe a orixe do topónimo Chantada a unha frase dita polo diaño cando, canso de cargar ao lombo coa súa nai, exclamou "Síntoo moito, miña nai, pero aí quedas chantada"?

Etimoloxías populares