Sabías que

Sabías que hai unha lenda que liga o topónimo Palas de Rei co nariz dun monarca?

Sabías que o significado orixinario do lugar de Hórreos, en Folgoso do Courel, pouco ten que ver coa construción popular e, en cambio, moito coa súa situación xeográfica?

Sabías que o topónimo Meiraos, en Folgoso do Courel, reflicte a chegada de poboadores de Meira?

Sabías que máis de 230 parroquias de Galicia teñen como advocación San Martiño?

Sabías que "con troitas do río Sil e viño de Valdeorras esquécense as penas todas"?

Sabías que coa frase “E ti, de que Láncara es?” os naturais deste concello lucense preguntan alguén pola súa orixe?
Sabías que existe un refrán que fai referencia ao Monte Mondigo que di que "cando o Mondigo pon o capelo, todas as vellas tembran de medo"?