Sabías que
Sabías que se "Brúa o mar de Muxía, auga para outro día"?
Sabías que "Redondela ten bos choquiños, / críanse na praia de Ostrás, / ten o maior patrón do mundo, / que se chama Xan Carallás"
Sabías que "Se vas ao San Benitiño / non vaias ao de Paredes / que é moito máis milagreiro / San Benitiño de Lérez"?
Sabías que hai unha copla en Rodeiro que di "Santa María de Río / moi boas campás ten, / debaixo delas está / quen me a min quería ben"?
Sabías que aínda circula a lenda entre os habitantes de Gondomar de que a vila estivo somerxida no "ghondo do mar"?
Sabías que nunca volveu a Canido ese "can ido" que fuxiu do dono e que, segundo a lenda popular, deu orixe ao nome de lugar?
Sabías que segundo conta a etimoloxía popular houbo un home, de apelido Castro que se presentou ante o conde de Lemos para lle pedir a man da súa filla e que este, ao ter máis de unha, preguntoulle: "Castro, cal delas?"