A campaña Toponimízate 2022 protagoniza o Telexornal Galicia da TVE

A campaña Toponimízate 2022 protagonizou uns valiosos minutos do Telexornal Galicia do pasado 29 de xullo. O director do Centro Territorial da TVE en Galicia, Rafael Cid, entrevistou a Vicente Feijoo, coordinador técnico do proxecto Galicia Nomeada e relator nas charlas da campaña Toponimízate.

Neste espazo, que podes ver baixo estas liñas, houbo tempo para falar da iniciativa, que este ano se achegará a 17 concellos do país, e tamén sobre como contribuír á salvagarda da nosa toponimia tradicional a través da plataforma Galicia Nomeada. Despois da entrevista, recibimos máis de 50 solicitudes de colaboración no proxecto.

Desde aquí queremos agradecerlle a Rafael Cid a oportunidade de presentar o proxecto a toda a súa audiencia e tamén a todo o persoal do Telexornal Galicia pola súa atención e profesionalidade.

Tipos