Últimas novas

Tres xeracións arnoiás uníronse cun obxectivo común: recuperaren a súa microtoponimia, isto é, os nomes das súas terras e dos seus montes. Este mércores 16 de outubro, a rapazada do CEIP San Salvador…
A campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra desembarcará este venres 18 de outubro na Illa de Arousa. A segunda das citas desta semana coa salvagarda da nosa toponimia menor terá como…
Este mércores 16 de outubro, a campaña Toponimízate Falámosche dos nomes da túa terra unirá tres xeracións de arnoiáns nun mesmo espazo. Por un lado, o alumnado e profesorado do CEIP San Salvador;…

Sabías que

Sabías que a romaría da virxe do Xurés ten a súa propia cantiga que di "Eu heime de ir ao Xurés / con estas miñas amigas,/ hemos de botar un neto / e hemos de comprar sardiñas"?

Sabías que o Gurugú é un monte de Marrocos que deixou moita pegada na nosa toponimia?

Sabías que o topónimo O Ingüeiro, que dá nome á corrente de auga que rompe puntualmente a lagoa de Louro, pode ser unha variante da voz "angüeiro", ‘pequena canle que polo medio de xuncais leva augas correntes ao mar’?

Sabías que o topónimo do barrio do Papagaio da Coruña pode ter orixe nun artefacto que se empregaba para practicar o tiro?

Sabías que hai unha cantiga que alude á orografía da freguesía de Cabaleiros (Tordoia) e que di "Ai, Cabaleiros, Cabaleiros, Cabaleiros terra chan-e, todos os mellores mozos / para Cabaleiros van-e?"