Últimas novas
A sala do edificio anexo á Casa Consistorial de Dozón encheuse de persoas comprometidas coa conservación e transmisión dos nomes das leiras, fontes, camiños, penedos... deste concello e mais da…
Dozón está a vivir unha alarmante perda de habitantes como boa parte dos concellos do interior do país: no que vai de século, a súa poboación reduciuse á metade, pois no último censo de poboación de…
A campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra chegou o pasado venres, 17 de outubro, ás terras das afamadas augas mineromedicinais de Mondariz, tras o interese e entusiasmo mostrado por…
Sabías que
Sabías que o topónimo Mens, de onde eran as famosas pandeireteiras, pode estar relacionado con Meis, nome dun concello pontevedrés?
Sabías que os diferentes topónimos ourensáns As Maus nada teñen que ver coa parte do corpo humano e si cun río lucense?
Sabías que o segundo elemento do topónimo Caldas de Reis fai referencia a un único monarca e non a varios?
Unha cantiga de finais do século XIX recolle a riqueza marisqueira da ría do Burgo: "Adeus as ostras do Burgo / e as ostras da Pasaxe. / A Virxe de Pastoriza / nos dea a todos boa viaxe"
Sabías que Arousa é un topónimo prerromano cuxo significado ten que ver coa propia ría?