Últimas novas

A comarca dos Ancares está sendo un dos obxectivos prioritarios neste ano 2025 da campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. O día 6 de outubro, a charla impartiuse no concello de…
A rapazada de Cervantes disponse a rescatar a memoria toponímica dos seus maiores Unha ampla representación de varias xeracións do concello de Cervantes uníronse o pasado luns no seu CPI cun…
A Casa das Letras da Estrada vestiuse de gala para recibir a campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. O pasado xoves 2 de outubro, ducias de persoas acudiron á chamada da campaña da…

Sabías que

Sabías que o topónimo Mens, de onde eran as famosas pandeireteiras, pode estar relacionado con Meis, nome dun concello pontevedrés?

Sabías que os diferentes topónimos ourensáns As Maus nada teñen que ver coa parte do corpo humano e si cun río lucense?

Sabías que o segundo elemento do topónimo Caldas de Reis fai referencia a un único monarca e non a varios?

Unha cantiga de finais do século XIX recolle a riqueza marisqueira da ría do Burgo: "Adeus as ostras do Burgo / e as ostras da Pasaxe. / A Virxe de Pastoriza / nos dea a todos boa viaxe"

Sabías que Arousa é un topónimo prerromano cuxo significado ten que ver coa propia ría?