Últimas novas

A campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra volverá esta semana a terras limiás. O sábado 22 de xuño, a partir das 12:00 h, o Museo Etnográfico da Limia (rúa Celanova 63, Vilar de…
A Modesto García Quintáns sempre lle gustou camiñar polo monte. Cando de mozo estudaba no antigo instituto laboral de Cee percorría a pé cada mañá os 9 quilómetros de distancia entre a súa casa, na…
O concello ourensán de Cualedro foi o encargado de dar inicio neste ano 2024 á campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, que continuará durante os vindeiros meses noutros 11 concellos…

Sabías que

Sabías que a romaría da virxe do Xurés ten a súa propia cantiga que di "Eu heime de ir ao Xurés / con estas miñas amigas,/ hemos de botar un neto / e hemos de comprar sardiñas"?

Sabías que o Gurugú é un monte de Marrocos que deixou moita pegada na nosa toponimia?

Sabías que o topónimo O Ingüeiro, que dá nome á corrente de auga que rompe puntualmente a lagoa de Louro, pode ser unha variante da voz "angüeiro", ‘pequena canle que polo medio de xuncais leva augas correntes ao mar’?

Sabías que o topónimo do barrio do Papagaio da Coruña pode ter orixe nun artefacto que se empregaba para practicar o tiro?

Sabías que hai unha cantiga que alude á orografía da freguesía de Cabaleiros (Tordoia) e que di "Ai, Cabaleiros, Cabaleiros, Cabaleiros terra chan-e, todos os mellores mozos / para Cabaleiros van-e?"