Últimas novas

Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra visita o seu primeiro centro de ensino nesta campaña 2024. Será o CPI Ramón Piñeiro de Láncara este mesmo venres 20, ás 12:00 h. Na actividade…
O concello pontevedrés de Salceda de Caselas sumouse o pasado venres día 13 de setembro á campaña Toponimízate, que desde o ano 2017 percorre Galicia promovendo entre a poboación a salvagarda da nosa…
A campaña da Real Academia Galega e da Secretaría Xeral da Lingua Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra continúa a súa xira polo país esta semana cunha nova charla no concello de Salceda de…

Sabías que

Sabías que a romaría da virxe do Xurés ten a súa propia cantiga que di "Eu heime de ir ao Xurés / con estas miñas amigas,/ hemos de botar un neto / e hemos de comprar sardiñas"?

Sabías que o Gurugú é un monte de Marrocos que deixou moita pegada na nosa toponimia?

Sabías que o topónimo O Ingüeiro, que dá nome á corrente de auga que rompe puntualmente a lagoa de Louro, pode ser unha variante da voz "angüeiro", ‘pequena canle que polo medio de xuncais leva augas correntes ao mar’?

Sabías que o topónimo do barrio do Papagaio da Coruña pode ter orixe nun artefacto que se empregaba para practicar o tiro?

Sabías que hai unha cantiga que alude á orografía da freguesía de Cabaleiros (Tordoia) e que di "Ai, Cabaleiros, Cabaleiros, Cabaleiros terra chan-e, todos os mellores mozos / para Cabaleiros van-e?"