Sabías que

O Ingüeiro e a Lagoa de Monte Louro

Sabías que o topónimo O Ingüeiro, que dá nome á corrente de auga que rompe puntualmente a lagoa de Louro, pode ser unha variante da voz "angüeiro", ‘pequena canle que polo medio de xuncais leva augas correntes ao mar’?

Curiosidades
Topónimo Papagaio

Sabías que o topónimo do barrio do Papagaio da Coruña pode ter orixe nun artefacto que se empregaba para practicar o tiro?

Curiosidades
Dolmen de Cabaleiros

Sabías que hai unha cantiga que alude á orografía da freguesía de Cabaleiros (Tordoia) e que di "Ai, Cabaleiros, Cabaleiros, Cabaleiros terra chan-e, todos os mellores mozos / para Cabaleiros van-e?"

Toponimia e cantigueiro
Topónimo Cereixo

Sabías que o nome da parroquia de Cereixo, no concello de Vimianzo, non ten nada que ver coa árbore homónima?

Curiosidades
Topónimo Balaídos

Sabías que Balaídos, o nome do estadio do Real Club Celta de Vigo, é un fitotopónimo?

Curiosidades
Topónimo Verdugo

Sabías que o río Verdugo pode ter este nome pola cor verde das súas augas ou pola abundancia de vexetación na súa ribeira?

Curiosidades
Laxe da Boca da Ría

Sabías que os mariñeiros da ría de Ares din que “Cando A Laxe da Boca da Ría vexas espumar, non saias a faenar” ou “Cando A Laxe da Boca da Ría vexas romper, traballos na casa toca facer”?

Toponimia e fraseoloxía
A Agrela, Ordes

Sabías que, como di a cantiga, A aldea da Agrela é moi divertida, ten a estrada na entrada, e A Estación na saída.

Toponimia e fraseoloxía
Cerdedelo, Laza

Sabías que "O lugar de Cerdedelo ten cadro "saideiros": Trasceleiro, O Eiró, Carricovo e o Outeiro"?

Toponimia e cantigueiro
Corme

Sabías que "O cura de Corme é xastre, o de Malpica é mariñeiro, o de Pazos, labrador, e o de Cesullas, gaiteiro"? 

Toponimia e cantigueiro