A Campaña Toponimízate 2026, na prensa
A campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra volve pórse en marcha un ano máis. O pasado luns 20 de abril, a Cidade da Cultura acolleu a presentación desta iniciativa que neste 2026 chega á súa novena edición e que difundirá o valor da nosa toponimia tradicional en 12 concellos do país. O acto, que contou coa presenza do presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, do secretario xeral da Lingua, Valentín García, da subidrectora xeral de Planificación e Dinamizanción da Lingua, María Coutinho, e polo coordinador técnico do Seminario de Onomástica da RAG e encargado de impartir as charlas, Vicente Feijoo, foi difundido por diferentes medios de comunicación. Deixámosche aquí unha compilación deles:
- Xunta de Galicia: "Toponimízate 2026 volve percorrer Galicia na súa novena edición para salvagardar o noso patrimonio toponímico"
- Real Academia Galega: "Toponimízate 2026 volve percorrer Galicia para promover a recolla colectiva dos nomes da terra"
- Código Cero: "En marcha a novena edición de campaña Toponimízate, na que participarán 12 novos concellos"
- Consello da Cultura Galega: "Chega unha nova edición da campaña Toponimízate"
- Diario de Ferrol: Toponimízate 2026 volve percorrer Galicia para promover a recolla colectiva dos nomes da terra
- Galicia Confidencial: "A campaña 'Toponimízate' percorre Galicia para salvagardar o tesouro da microtoponimia"
- Galicia Xa: "Toponimízate 2026 levará a recuperación dos nomes tradicionais a doce concellos galegos"
- GC Diario: "La campaña ‘Toponimízate’ visitará 12 ayuntamientos para promover la recolecta colectiva de topónimos tradicionales"
- El Ideal Gallego: "Toponimízate 2026 volve percorrer Galicia para promover a recolla colectiva dos nomes da terra"
- Nós Televisión: "Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra’ percorrerá este ano 12 novos concellos"
- El Progreso: "Baleira, Paradela y Quiroga formarán parte de la campaña Toponimízate 2026"
- O Sil: "Toponimízate chegará este ano ao Bolo, O Pereiro de Aguiar, Xunqueira de Ambía e Quiroga, entre outros concellos galegos"
- Somos Comarca: "Toponimízate 2026 fará parada en O Bolo para recuperar os nomes da terra coa veciñanza"
- La Voz de Galicia: "Moraña, primeira parada desta edición da «Toponimízata», da Real Academia Galega"