O concello de Lalín coñece o valor da nosa toponimia
O concello de Lalín foi a nova parada da campaña Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra, a iniciativa coa que se pretendemos implicar o conxunto da sociedade, tanto institucións locais como particulares, na reivindicación e defensa dun dos nosos grandes tesouros históricos, a toponimia.
A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, presentou a xornada conducida por Vicente Feijoo. Nela, as persoas asistentes puideron coñecer o significado dos nomes de Lalín, un dos concellos con máis parroquias da nosa xeografía, e tamén asisitiron a unha demostración de como empregar a nova aplicación Galicia Nomeada, que estará dispoñible en liña nas vindeiras semanas.
A vindeira charla Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra será na Casa da Cultura do concello lucense de Taboada.