Sabías que

  • Sabías que a parroquia de Donsión (Lalín) procede do latín DOMINUS SILONIUS e que existe documentación medieval suficiente para confirmar que fai referencia ao sonado rei Don Silo, rei que viviu no último cuarto do século VIII?

  • Sabías que o topónimo A Casilla naceu en castelán na segunda metade do século XIX e era o nome que recibían as garitas dos legoeiros situadas a carón das estradas?

  • Sabías que os topónimos Catasol e Catasós repartidos por Galicia están compostos polas palabras latinas CAPTA ‘ver, mirar’ + SOLE (S) ‘sol’ e identifican lugares orientados cara ao mediodía onde pega ben o sol?

  • Sabías que os lugares chamados A Baiuca teñen a súa orixe na existencia dunha taberna, probablemente fundada na segunda metade do século XVIII por xente chegada das colonias americanas, e que tiña certas connotacións despectivas por ser unha palabra propia de ambientes marxinais?

  • Sabías que os topónimos A Borroa, A Cernadela, A Queimada, A Estibada, A Seara, A Cachada, A Rozada... fan referencia a antigos traballos de roza e queima do monte para facer novos terreos de labradío nos que de se adoitaba cultivar cereais?

Últimas novas

O día 21 de xuño de 2021, o colexio SEI San Narciso mais o Concello de Marín celebraron un acto de homenaxe ao lexicógrafo e toponimista Elixio Rivas Quintas, autor dunha tese doutoral sobre a…
“Ao son da oralidade. O noso patrimonio” é o nome do proxecto educativo (dentro do Plan Proxecta) desenvolvido polo EDLG do IES do Milladoiro no curso 2020-21 para traballar co patrimonio material e…
STARgal é un proxecto do Equipo de Dinamización Lingüística do IES A Cachada de Boiro que naceu no ano 2016 co obxectivo de "demostrar que as TIC e o galego poden e deben ir da man se queremos…