Últimas novas

A proveitosa edición do ano 2025 da campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra baixou o pano este pasado xoves logo de percorrer o país de Norte a Sur e de Leste a Oeste para levar a…
A edición de 2025 da iniciativa Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra chega á súa fin o vindeiro xoves 6 de novembro. Faino despois de visitar 12 concellos das catro provincias galegas e…
A sala do edificio anexo á Casa Consistorial de Dozón encheuse de persoas comprometidas coa conservación e transmisión dos nomes das leiras, fontes, camiños, penedos... deste concello e mais da…

Sabías que

Sabías que o topónimo Mens, de onde eran as famosas pandeireteiras, pode estar relacionado con Meis, nome dun concello pontevedrés?

Sabías que os diferentes topónimos ourensáns As Maus nada teñen que ver coa parte do corpo humano e si cun río lucense?

Sabías que o segundo elemento do topónimo Caldas de Reis fai referencia a un único monarca e non a varios?

Unha cantiga de finais do século XIX recolle a riqueza marisqueira da ría do Burgo: "Adeus as ostras do Burgo / e as ostras da Pasaxe. / A Virxe de Pastoriza / nos dea a todos boa viaxe"

Sabías que Arousa é un topónimo prerromano cuxo significado ten que ver coa propia ría?