Sabías que segundo conta a etimoloxía popular houbo un home, de apelido Castro que se presentou ante o conde de Lemos para lle pedir a man da súa filla e que este, ao ter máis de unha, preguntoulle: "Castro, cal delas?"
Sabías que hai unha copla recollida na Baixa Limia que di "os pobres non o ten, os ricos non o dan, quen queira sentar plaza saia á Pedra de Anamán con dous duros diarios e un trabuco na man".