Galicia Nomeada no Telexornal Mediodía da Galega
Os bos resultados acadados nos 10 primeiros meses de vida do proxecto Galicia Nomeada ben merecen o seu pequeno espazo no Telexornal da CRTVG. Por iso, no Telexornal Mediodía do día 11 de outubro de 2020, emitiuse unha pequena reportaxe sobre este proxecto cultural colaborativo na que interviron Antón Santamarina, director do Seminario de Onomástica da RAG; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Vicente Feijoo, coordinador de Galicia Nomeada desde o Seminario de Onomástica da RAG; e Álvaro Crego, un dos colaboradores e divulgadores máis activos deste proxecto na Mariña.