Descarga de balde a app Galicia Nomeada

Xa podes descargar de balde a aplicación Galicia Nomeada e utilizala, alén na súa versión de escritorio, nos teus dispositivos móbiles para contribuíres á salvagarda da toponimia tradicional galega. Lembra que, para poderes empregar as dúas versións, precisas antes unha conta de usuario en Galicia Nomeada. Se non a tiveres, solicítaa aquí.

Descarga Galicia Nomeada en Google Play

Se tes un dispositivo Android, podes descargar a aplicación na ligazón seguinte.

Descarga Galicia Nomeada na App Store

Porén, se empregas dispositivos Apple, tamén podes descargala na App Store nesta ligazón.

Se tiveres algunha dúbida sobre o funcionamento da app ou sobre o portal Galicia Nomeada, contacta connosco.

Tipos