O alumnado do IES Pintor Colmeiro no Telexornal da Galega

No Telexornal Mediodía do día 16 de outubro de 2020, emitiuse unha reportaxe sobre a colaboración no proxecto Galicia Nomeada do alumnado do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda.
 
Un grupo de alumnos e alumnas deste instituto, dirixidos polo profesor Xoán Carlos García Porral, están introducindo na plataforma colaborativa Galicia Nomeada os 1.600 microtopónimos que teñen recompilados. O mérito duns e doutros é maior se temos en conta que fan este traballo no seu tempo libre, fóra do horario escolar.
 
Algúns destes rapaces e rapazas falan ante as cámaras da importancia cultural dun proxecto coma este, ao mesmo tempo que relatan como recolleron as motivacións populares e as lendas que explican a orixe de moitos destes nomes. É unha regalía escoitar esta xente nova comprometida deste xeito coa historia da súa terra e da súa lingua. Seguide así, rapaces e rapazas, e mil grazas pola voso traballo!
 

 

Tipos