Os microdocumentais “Os nomes da nosa terra” regresan á TVG no Día das Letras Galegas 2024
Os nomes da nosa terra regresan á Televisión de Galicia este venres 17 de maio, Día das Letras Galegas dedicado a Luísa Villalta. A partir das 20:30 h, as persoas que conecten coa TVG poderán gozar de tres novos capítulos deste interesante proxecto documental que busca divulgar aspectos menos coñecidos da nosa toponimia entre o público xeral. E nada mellor que a emisión na televisión pública para conseguilo.
A serie, dirixida por Antón Moure e conducida por Fran Cañotas, contou co asesoramento científico de Vicente Feijoo, coordinador técnico de Galicia Nomeada e do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega. Nestes tres novos episodios da serie, Fran Cañotas desprázase á Coruña para descubrir as pedras percebeiras do mar do Orzán xunto a Xurxo Souto, Xabier Mariñas e Iván Méndez; intérnase nas Fragas do Eume cos membros da Asociación Ardóbriga; e, achégase á aldea de Fornelos, na parroquia de Baio, para que os membros da Asociación veciñal “A Fonte de Fornelos” lle falen dos seus microtopónimos máis singulares.
En vindeiras datas, os vídeos tamén estarán dispoñibles nesta páxina web, onde tamén podes gozar dos 9 capítulos xa publicados: