Catoira

O día 5 de agosto de 2005 inaugurouse na Casa do Concello de Catoira a primeira exposición dos mapas toponímicos cos máis de 1.500 nomes recollidos neste municipio. No acto de presentación interviu o alcalde de Catoira, Alberto García García, ademais do director do Proxecto de Toponimia e a persoa encargada dos traballos de campo neste concello.

Os resultados definitivos presentáronse o 5 de agosto de 2006. Durante o ano anterior, catro técnicas de campo contratadas polo concello percorreron cadansúa parroquia para revisar e completar a información presentada nun primeiro momento.

Con base nos datos recolleitos, o concello editou un libro, Toponimia de Catoira, da autoría do profesor Gonzalo Navaza, no que analiza a meirande parte destes nomes, e que foi presentado na mesma casa do concello o 15 de maio de 2007. No apartado de publicacións desta páxina web pode descargarse o mapa toponímico elaborado polo proxecto.

Galería de imaxes
Tipos