Ribadeo

O 15 de decembro de 2010 inaugurouse nos locais da OMIC (Oficina Municipal de Información e Consumo) a exposición pública da toponimia do concello de Ribadeo, onde foran recollidos case 3.000 topónimos nas doce parroquias que o compoñen. Os nomes situáronse sobre fotografías aéreas, agrupadas por parroquias.

No acto interviu a concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, que destacou na súa intervención a axuda prestada por todos os informantes do concello, algúns dos cales estaban presentes entre o público. Tamén contou coa presenza do director xerente da S.A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, Severino Álvarez Monteserín,  e do director do PTG e secretario da Comisión de Toponimia, Xermán García Cancela.

No acto, Óscar Castro, coordinador dos traballos realizados en campo, amosou a páxina web e fixo un breve percorrido polos apartados que a compoñen. Ademais, realizou unha proba práctica das distintas posibilidades que presenta a páxina na consulta e busca de topónimos e na descarga de información.

Galería de imaxes
Tipos