Trabada
A exposición celebrouse na Casa da Cultura o día 29 de novembro de 2007. Na presentación déronse a coñecer os case 2.500 topónimos recolleitos nas enquisas orais realizadas a informantes das oito parroquias deste municipio e que foron localizados sobre fotografías aéreas.
Para a realización deste traballo contouse coa axuda do estudo realizado entre os anos 1999-2000 por Xulia Marqués Valea, veciña do concello e autora dunha tese de doutoramento na que analiza lingüisticamente e fai unha proposta de sistematización da microtoponimia do concello.
Esta investigadora foi unha das intervintes no acto, xunto co alcalde de Trabada, José Manuel Yanes Ginzo, representantes das consellerías de Presidencia e de Medio Rural, e técnicos do PTG.