Consulta aquí o programa completo da VI Xornada da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos en Galicia

O xoves 21 de setembro, a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acollerá algúns dos maiores expertos sobre toponimia e cartografía de España na VI Xornada da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos, organizada pola propia Comisión Especializada de Nomes Xeográficos (CENG), organismo do Instituto Xeográfico Nacional (IGN). O evento, que contará coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades, e coa da Real Academia Galega, terá como nexo argumental a relación tan estreita existente entre os nomes xeográficos e mundo dixital.

A dúas semanas do evento, xa podemos presentarvos o programa completo da Xornada, que se desenvolverá como segue

Palestras da manhã

  • 9:00 - Recepción de asistentes
  • 9:30 - Presentación da xornada por parte das autoridades.
  • 10:00 - «El nuevo visor del Nomenclátor Geográfico Nacional», por Angélica Castaño Suárez (Instituto Geográfico Nacional)
  • 10:30 - «Galicia Nomeada: toponimia colaborativa», por Vicente Feijoo Ares (Real Academia Galega - Xunta de Galicia)
  • 11:00 - «Conexión entre Nomenclator y cartografía oficial. Retos en el tránsito de nombre a rótulo», por Oihana Mitxelena (Deputación Foral de Gipuzkoa)

Café

  • 12:00 - «Elaboración de la segunda edición de la Directrices toponímicas de uso internacional para editores de mapas, cartas náuticas y otras publicaciones», por Maite Mollà Villaplana (Acadèmia Valenciana de la Llengua)
  • 12:30 - «Innovaciones en el Nomenclátor del INE», por Mª Natalia Fojo Diaz (Instituto Nacional de Estadística)
  • 13:00 - «La toponimia en mapas antiguos como herramienta para trazar su linaje: La transmisión del topónimo Elcano en la cartografía de los siglos XVI-XVII», por Marcos F. Pavo López (Instituto Geográfico Nacional)

Palestas de tarde

  • 16:00 - «Proceso de normalización de la toponimia geográfica en el Principado de Asturias», por Juncal Mónica García Velasco (Principado de Asturias)
  • 16:30 - «Últimos avances en el Nomenclátor Geográfico de Andalucía», por Mª Teresa Garrido Borrego (Instituto de Estadística y Cartografía de Andalucía)
  • 17:00 - «El nomenclátor geográfico de las Illes Balears y el visor de gestión, actualización y consulta», por Eulàlia Fons Carbonell (Institut Cartogràfic i Geogràfic de les Illes Balears)
  • 17:30 - Clausura

Aínda esta aberto o prazo de inscrición

Se non queres perder esta interesante xornada totalmente gratuíta, aínda estás a tempo: só precisas cubrir o seguinte formulario cos teus datos persoais.

Tipos