O Grove

O acto de presentación dos mapas toponímicos do concello do Grove celebrouse o día 6 de outono de 2006 na casa do concello. Contouse coa presenza no evento de numerosos veciños que participaron como informantes na recolleita de campo e con alumnos do CEIP As Bizocas. Foi presidido polo alcalde, Miguel Ángel Pérez García, pola secretaria xeral de Política Lingüística, polo delegado provincial da Consellería do Medio Rural e por técnicos do Proxecto. Contouse coa especial colaboración do profesor da Universidade de Vigo e membro da Comisión de Toponimia da Xunta, Gonzalo Navaza Blanco, que impartiu unha charla maxistral sobre a toponimia en xeral e o topónimo O Grove en particular.

Os días da XLIII Festa do Marisco do Grove, a mostra estivo no local da ANPA do Colexio Valle-Inclán. Despois, circulou pola Casa da Terceira Idade da vila e por diversas asociacións veciñais e culturais deste concello, da man de Arximiro Cabanelas, técnico de Normalización Lingüística. Deste xeito, os veciños puideron revisar pormenorizadamente o traballo para facer as modificacións pertinentes e achegar novos topónimos.

Galería de imaxes
Tipos