Sarria

A toponimia deste concello presentouse o 24 de outubro de 2007 na Casa de Cultura. Na exposición publicáronse os case 9.000 nomes recollidos nas 50 parroquias do municipio. Os topónimos situáronse sobre fotografías aéreas, agrupadas tendo en conta as parroquias ás que pertencen.

Os datos foron recompilados a través das enquisas orais realizadas a 210 informantes da zona, moitos dos cales asistiron á presentación, que tamén contou coa presenza doutros veciños. No acto interviron o alcalde de Sarria, Claudio M. Garrido Martínez, xunto con representantes das consellerías de Presidencia e de Medio Rural. Tamén participou Óscar Castro Castedo, o técnico encargado da recolleita en campo, que realizou unha clasificación semántica da toponimia.

Posteriormente, as fotos percorreron varios colexios e institutos para achegar ao alumnado esta parte tan rica do patrimonio inmaterial.

Galería de imaxes
Tipos