Vedra

A exposición pública da toponimia do concello de Vedra foi inaugurada o día 10 de abril de 2007 no Centro Sociocultural da Terceira Idade deste municipio, nun acto presidido polo alcalde, Odón C. Cobas García, pola directora xeral da Administración local da Consellería de Presidencia, Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, e no que asemade interviron directivos e técnicos do proxecto, entre eles, Susana Silva Martínez, a técnica encargada da recolleita en campo.

Na mostra déronse a coñecer os máis de 3000 topónimos recolleitos a través de enquisas orais realizadas a informantes locais e que foron situados sobre fotografías aéreas. Despois de permanecer expostos varios meses, os mapas toponímicos pasaron por todas as parroquias do concello para ser revisados e completados polos seus veciños.

Galería de imaxes
Tipos