Ferrol

Na sede da Fundación Caixa Galicia celebrouse o 22 de marzo de 2007 a exposición da toponimia de Ferrol. Nela déronse a coñecer os preto de 2.600 topónimos recolleitos neste municipio e que aparecen localizados en fotografías aéreas.

Na presentación interviron o alcalde de Ferrol, José Manuel Vilariño Anca, representantes das consellerías de Presidencia e de Medio Rural, e técnicos do Proxecto. O acto contou coa presenza de numeroso público, entre os que se encontraban algúns dos informantes que colaboraron na achega dos datos.

A recuperación da toponimia ferrolana foi promovida polo Gabinete de Normalización Lingüística do concello a través da súa responsable, Beatriz Bascoi. Nos meses posteriores á presentación, este servizo distribuiu as fotografías entre as diferentes asociacións veciñais colaboradoras en cada parroquia, co fin de iniciar a fase de revisión da toponimia recollida nas primeiras enquisas de campo.

Galería de imaxes
Tipos