Lourenzá

Na Casa da Cultura de Lourenzá celebrouse o día 20 de novembro de 2006 un acto no que se deu a coñecer a toponimia recollida neste concello entre os anos 2002-2004, situada sobre fotografías aéreas.

Ademais, para esta exposición deseñáronse algúns pósters, nos que se deixa constancia da orixe do nome de varios lugares deste municipio, ou se amosan os topónimos relacionados cos elementos de interese cultural máis importantes. Tamén se elaborou un póster coas fotografías e o nome de varios dos informantes que participaron nas enquisas orais do traballo de campo, moitos dos cales estiveron presentes no acto, a modo de homenaxe a todas as persoas que transmitiron o seu coñecemento da toponimia lourenzá.

Na presentación interviron o alcalde, Vidal Martínez-Sierra López, xunto co director do Proxecto Toponimia de Galicia, Xermán García Cancela, e o coordinador dos traballos de campo, Óscar Castro Castedo.

Galería de imaxes
Tipos