Lousame

O día 30 de agosto do 2006 presentáronse os resultados acadados nos traballos da recolleita da microtoponimia no concello de Lousame, no transcurso das primeiras xornadas organizadas sobre o Patrimonio Lousamiano. O alcalde, José Santiago Freire Abeijón, maila concelleira de Cultura, María Teresa Villaverde Pais, presentaron a ponencia de Xermán García Cancela e Vicente Feijoo Ares, que durante 1:30h. explicáronlles aos asistentes ás xornadas a metodoloxía de traballo do Proxecto Toponimia de Galicia e o seu desenvolvemento no caso concreto deste municipio.

Os mapas toponímicos con máis de 3600 nomes foron expostos na Casa da Cultura de Portobravo e, tralas xornadas, foron levados polas parroquias para que os veciños visen o froito do seu traballo e poidesen facer algunha corrección ou nova aportación.

Galería de imaxes
Tipos