Máis de 100 solicitudes de contas de usuario para Galicia Nomeada nun único día

Máis de 100 solicitudes de contas de usuario para Galicia Nomeada nun único día

Tras publicarmos as estatísticas das achegas nos últimos dous meses, a aplicación colaborativa Galicia Nomeada recibiu a solicitude de máis de 100 novas contas de usuario nun único día para contribuír a salvagardar o patrimonio toponímico de Galicia. A ferramenta que está tendo tanto éxito entre o voluntariado cultural de Galicia foi creada con cargo ao proxecto europeo Geoarpad, integrado no Programa de Cooperación Interreg VA  España – Portugal (POCTEP 2014-2020).

Se ti tamén queres pór o teu grao de area nesta obra colectiva, precisas cubrir un formulario de solicitude no que agradecemos a maior cantidade de datos posibles (nome, apelidos, correo electrónicos, provincia, teléfono de contacto, profesión, estudos, motivo polo que decides realizar achegas e concellos sobre os que tes un maior coñecemento). O sistema non é automático pois require a validación do equipo de especialistas do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega

Galicia Nomeada conta cunha versión de escritorio e tamén cunha aplicación para dispositivos Android e Apple. Se tiveres algunha dúbida sobre o funcionamento da app ou sobre o portal Galicia Nomeada, contacta connosco.

Agardámoste!

Tipos