Moaña

O día 19 de abril de 2007 inaugurouse a exposición das fotografías aéreas coa toponimia do concello de Moaña, nun acto celebrado na Casa do Concello no que participou o alcalde, José Manuel Millán Otero, o concelleiro de Cultura e Ensino, a secretaria xeral de Política Lingúística, o delegado provincial da Consellería do Medio Rural, xunto con directivos e técnicos do proxecto.

Nos días seguintes á presentación, leváronse a cabo múltiples actividades para achegar este patrimonio cultural ao alumnado dos colexios da zona e aos veciños, como se pode ver a través das novas publicadas na prensa. Foi unha iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística deste concello a través da súa responsable, Paula Soto, e do técnico contratado para este fin e para a revisión da información, Iván Sestay. As fotos percorreron as distintas asociacións veciñais en cada parroquia e completouse o traballo dunha maneira exhaustiva, conseguindo un elevado número de topónimos a maiores dos rexistrados na primeira enquisa de campo.

Galería de imaxes
Tipos